OSV – Que é?

Proxecto Open Source Velutina

O proxecto Open Source Velutina é unha proxecto creado por Alfonso Alvarez Pereira, Ricardo Miramontes Varela, Cristian Rodrigo Ruiz Guarda e Juan Silva Hermida, coa a colaboración do departamento de Madeira e moble do CIFP Politécnico de Santiago. O obxectivo do proxecto é crear unha comunidade de apicultores experimentados e principiantes para compartir datos e loitar colectivamente contra a praga da Velutina a través dun sistema de trampeo asociado aos apiarios.

  • Así que liberamos os arquivos stl para que calquera poda imprimirse un modelo.
  • E es queres modificalo tamén te cedemos o noso traballo en DWG.

Coa mellora da trampa que propoñemos, esperamos atopar unha solución barata, selectiva e efectiva.

En resumo, Esta web contén a información que necesitas para fabricar e ensamblar,  a tua propia trampa OSV. Se non podes, ou non sabes imprimila, podemos facelo nós por ti.

Código Aberto

Despois de moito pensar se iniciábamos un proceso normal de comercialización da trampa que deseñamos, decidimos percorrer unha vía alternativa: os nosos beneficios comerciais procederán dun proxecto aberto e compartido.

A Licenza CC-BY-SA que eliximos dá a calquera o dereito de descargar, editar e re deseñar as súas propias versións do deseño de OSV.

Cremos que a participación no deseño é algo que hai que fomentar activamente, así que adaptando, mellorando e creando novas variacións desta trampa esperamos fomentar a innovación e o espírito de colaboración.

A que te dá dereito a Licenza Creative Commors que eliximos?

  • COMPARTIR – copiar e redistribuír o material en calquera medio ou formato.
  • ADAPTAR – re deseñar, transformar e construír sobre o material para calquera propósito, mesmo comercial.
  • COMERCIALIZAR – vender as trampas!

O licenciante non pode revogar estas liberdades mentres vostede siga os termos da licenza.

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.

Advertisements